Thursday 02 de May de 2024

Habilitados dous aparcamentos para motocicletas na rúa Rosalía de Castro


Membros do Grupo de Atención e Emerxencias Municipal (GAEM) procederon esta mañá ao pintado de dous prazas de aparcamento na rúa Rosalía de Castro, céntrica vía situada nas inmediacións da Casa Consistorial.

Trátase dunha acción efectuada co obxecto de dar resposta a un requirimento veciñal. Cómpre lembrar que o mes pasado se actuou tamén nesta rúa para crear na outra das bandas 26 prazas de zona azul para o estacionamento gratuíto de vehículos por un tempo limitado.